Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chega a Redondela a Exposición de fotografías Oficios e traballos nas imaxes do pasado

RR_Noticias

Unha imaxes recollidas por fotógrafos profesionais como Zagala, Pintos, Ferrer, Sarabia, Fernández de los Ríos ou Moreira pero tamén imaxes de autores anónimos que serven para inmortalizar diversos aspectos etnográficos da Galicia de finais do século  XIX e das primeiras décadas do XX. A mostra pódese visitar no Multiusos ata o 31 de Marzo

A través das fotografías que compoñen esta mostra, o espectador pode achegarse a tarefas do campo e do mar, algunhas xa desaparecidas e outras ainda vixentes, pero con diferentes connotacións e medios máis modernos, como sementar as patacas ou botar o millo, facer a esfollada e diversos traballos agrícolas como a sacha. Tamén se achega a esta mostra ao traballo dos artesáns ou os tratos de compra venda nas feiras e mercados. Unha inauguración que tiña lugar na tarde do pasado venres en que estaba presente a Deputada Provincial Ana Isabel Vázquez e o alcalde Javier Bas quen tiña palabras de agradecementos para o organismo provincial e para o edil de cultura Julio Alonso. A exposición poderá visitarse ata o 31 de marzo no horario habitual do Multiusos de 9 a 14:00 horas e de 16 a 22:00 horas.  

Ana Isable Vázquez Deputada provincial
Unha exposición etnográfica
Javier Bas alcalde
Agradeceu a colaboración da deputación e o bó traballo do edil de Cultura Julio ALonso

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará