Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Queima do meco pendente do tempo

RR_Noticias

  O mal tempo obrigou a pospoñer o desfile de comparsas do entroido para o vindeiro domingo día 9 e non se descarta que se teñan que suspender tamén os actos deste martes pola tarde. A concelleira de festas, Herminda Quelle valorará hoxe xunto cos membros de Troula Animación responsables do espectáculo de mañá, si seguir adiante coas actividades.

Ata o último momento estiveron esperando no Concello para decidir si suspender ou non o desfile de comparsas. Finalmente acordouse pospoñelo ata o vindeiro domingo, data na que se celebrarán as actividades previstas no mesmo horario: concentración ás 17:00 horas das comparsas no Campo da Feira e desfile a partir das seis. Esperan que todos os inscritos, un total de 18 comparsas, poidan participar e que non teñan xa comprometida esa xornada noutras localidades. En canto ás actividades do martes do Entroido, tamén todo está no aire ante as malas previsións meteorolóxicos que falan dun martes pasado por auga. Polo de agora a convocatoria mantense en pe, á espera de como evolucionen os prognósticos. Esta tarde reuniranse cos responsables da empresa Troula Animación para analizar a situación. As actividades previstas contemplan a tradicional queima do meco, un boneco que este ano quere representar a adicción aos videoxogos. A compañía Troula será a encargada do espectáculo de animación e lume que leva por nome Pachamama nunha xornada na que tamén hai programada unha verbena coa orquestra Suavecito e actividades para os máis pequenos na praza da Constitución.    

Herminda Quelle Concelleria de festas
O desfile de comparsas celebrarase o domingo día 9
Queima do meco
Polo de agora mantéñense as actividades do martes á espera de como evolucione o tempo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará