Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Chapela non pode co líder

RR_Noticias

Difícil o tiñan esta fin de semana os de Fran Teixeira que recibían en Chapela ao líder da categoría, o Barcelona B. Un equipo que foi superior e que se fixo coa vitoria nun partido que rematou co resultado de 25-33 malia o bo xogo dos locais.

O Construcciones Castro Chapela realizou un gran partido pero iso non impediu que se chegase ao remate da primeira parte cun contundente 10-20 a favor do Barcelona.
A segunda metade arrancou mellor para os de Teixeira con tres goles consecutivos de Óscar que lles permitiron achegarse ao rival, con todo unha nova expulsión para un xogador do Chapela fai que o Barcelona volva coller vantaxe. Nos últimos dez minutos os locais tan son conseguiron marcar dous goles ata chegar ao definitivo 25-33.
No decimocuarto posto da táboa, os de Chapela teñen novamente outro duro encontro na vindeira fin de semana, desprázanse a Benidorm, equipo que ocupa a terceira praza.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará