Hoxe é Mércores 25 de Novembro de 2020

Malestar na Federación de veciños logo de que o pleno non debatese sobre os Consellos parroquiais

RR_Noticias

Nova sesión maratoniana a vivida onte na Casa do Concello, cun pleno ordinario que arrancaba ás oito da tarde cun minuto de silencio en lembranza pola última vítima da violencia de xénero e que se prolongaba ata a medianoite. O público que asistía ao debate abandonou a sesión logo de que unha moción presentada pola Federación de Asociación de Veciños non entrase a debate por falta de tempo.

Malia as catro horas de duración tampouco nesta ocasión deu tempo a abordar todas as mocións presentadas, entre elas unha moción de urxencia da Federación de Asociación de Veciños de Redondela a través da cal reclamaban unha serie de modificacións nos regulamentos dos Consellos parroquiais. O obxectivo, segundo explicaban dende a Federación “é mellorar o funcionamento destes órganos e favorecer unha maior implicación da veciñanza na vida municipal”. Unha moción cuxa urxencia era aprobada no inicio do pleno, logo de que un dos membros da federación dera lectura ao texto no que aseguran que “dende os gobernos municipais se teñen posto trabas ao funcionamentos destes órganos consultivos coa intencións de que non contraveñan a folla de ruta do goberno de quenda”. Malia aprobarse a súa urxencia a moción non chegou a ser debatida por falta de tempo. O alcalde Javier Bas explicaba a súa intención de abordar o asunto nunha xunta de portavoces e adoptar un acordo conxunto ao respecto, pero o BNG manifestaba a súa negativa a que a moción sufrise cambio algún. A súa voceira, Cecilia Pérez esixía que o texto fora debatido integramente na próxima sesión. Os veciños que asistiron ao pleno como público abandonaron a sala visible molestos e manifestaron a súa disconformidade porque non se tivera debatido a moción con anterioridade.  

Federación de Veciños
Presentaron unha moción de urxencia sobre os Consellos Parroquiais
Javier Bas-Cecilia Pérez
Escoitamso un momento do debate entre o alcalde e a voceira do BNG

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *