Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Campamento urbano na segunda quincena de xullo

RR_Noticias

A Concellaría de Xuventude organiza entre o 15 de xullo e o 2 de agosto un campamento urbano orientado a dar cabida a todos os nenos e nenas que non puideron participar do campamento de verán organizado por ensino e no que houbo máis de 400 solicitudes que non acadaron praza.

A actividade que arrancará o vindeiro luns está dirixida a nenas e nenos empadroados no concello de Redondela que teñan entre 4 e 14 anos de idade, desenvolverase na Alameda en horario de mañá de 10.00 a 13.00 horas. Catro horas durante as cales os nenos poderán gozar de actividades e xogos acordes coa súa idade.
Para participar os pais e nais terán que dirixirse aos monitores da actividade na propia Alameda, sendo admitidos ata cubrir o límite de 30 prazas diarias. Para completar a inscrición será preciso presentar o volante de empadroamento do menor.
Para máis información podédesvos dirixir ao Departamento Municipal de Ensino ou chamando ao 986 400 300.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará