Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Quen dixo lixo?

RR_Noticias

O colectivo Sen Ghasoil está convencido de que detrás do material de refugallo agochase en moitas ocasións unha obra de arte. Por este motivo convocan unha nova edición do Artelixo que se vai desenvolver entre o 26 de agosto e o 6 de setembro. Haberá tamén actividades paralelas como o “vídeo lixo”, o “mercalixo” ou o “parnalixo”. A presentación oficial será o día 18 no local O Recuncho.

O artelixo 2013 arrancará o xoves 18 coa inauguración dunha exposición na que se lembrará a través de imaxes as edicións celebradas entre os anos 95 e o 98. Referencias a que fora a etapa inicial desta curiosa iniciativa na década dos noventa que SenGhasoil retomaba logo de 12 anos sen se celebrar e que o ano pasado contou coa participación de 35 obras de arte. Unha cifra que este ano contan con incrementar visto o interese amosado pro moitos veciños que segundo os organizadores xa se puxeron en contacto con eles para ofrecer as súas obras, algunhas non exentas de polémica, crítica e contido reivindicativo. Para participar só deben enviar un correo electrónico ao enderezo artelixoredondela@gmail.com, antes do día 12 de agosto no que se debe incluír un bosquexo da obra, o nome ou alcume do autor, o título da obra e o material co que estará feita ( madeira, vidro, ferro, etc. ) Os participantes deben incluír tamén o lugar onde consideran que debería esta exposto o seu traballo, xa que a organización intentará cumprilo, na medida do posible. As actividades incluirán tamén o Videolixo, coa creación de pequenas curtas ou vídeos caseiros cuxa temática que xirará en torno ao lixo, o Mercalixo, onde dar saída a diferentes obxectos antes de botalos ó lixo, e o Obralixo, onde os máis pequenos poderán crear obras de arte a partir de materiais de refugallo. Nesta edición recupérase tamén o “Parnalixo” un recopilatorio de “poesía lixo” de poetas galegos.  

Pablo Pastor Sen Ghasoil
Unha obras que buscar provocar concienciar e achegar a arte á rúa
Fon Decón Sen Ghasoil
O primeiro dos actos será o xoves 18 de xullo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará