Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Catro días de citas musicais variadas en Redondela e Chapela

RR_Noticias

A Alameda de Chapela acolle hoxe un concerto de música tradicional coa actuación das pandeireteiras de Trasmañó, o grupo de gaitas de Saxamonde e as pandereiteiras de Cabeiro. Será esta tarde ás 21:30 horas. Unha actividade organizada pola Concellería de Cultura.

Tamén mañá esta concellería organiza un concerto a cargo da banda de música de Redondela que terá lugar o venres ás 21:00 horas na Praza da Constitución.
Xa o sábado temos dúas citas en Chapela á mesma hora. Por unha banda a celebración do II Berete Rock no paseo de Cardona coa celebración ás 20:30h dun concerto no que participan os grupos Stoyka, Caraba, Druídas, Barrytown e El garito del gordo.
Ás 21:00 o Círculo Cultural de Chapela organiza o III encontro de habaneiras que terá lugar no Multiusos do Piñeiral coa participación da Coral de Ponteareas, a Coral de Valadares e a coral do Círculo.
O domingo haberá oportunidade de asistir ás 21:00 horas no Paseo de Cardona tamén en Chapela a un concerto a cargo da banda de música da parroquia.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará