Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Novo intento infructuoso de cara a avanzar no derrube dunha vivenda en Chapela

RR_Noticias

Dende as nove da mañá e ata a unha da tarde os técnicos municipais escoltados por axentes da policía local volveron ao barrio de Laredo para tentar avanzar no proceso de derrube dun baixo cuberta sobre o que pesa unha orde xudicial. Este é o terceiro intento nunha semana e técnicos e axentes volveron toparse coa oposición da propietaria e dos seus veciños que impediron a colocación das estadas.

Logo de catro horas no lugar e sen que se puidera avanzar nos traballos encamiñados a colocar as estadas e adoptar as medidas necesarias de seguridade para que o derrube deste baixo cuberta no barrio de Laredo en Chapela non afecte ao resto dos andares do edificios, técnicos e axentes abandonaron o lugar ante a presión veciñal. Este é o terceiro intento nos últimos días e está previsto que nas vindeiras xornadas se repita a visita dos técnicos para desenvolver os traballos previos e proceder así á demolición da bufarda sobre a que pesa unha orde xudicial en firme. Dende o Concello insisten en que non hai nada que facer para salvar a vivenda e que  a demolición se fará efectiva no prazo establecido xa que no caso contrario o goberno estaría prevaricando.  

MIguel Angel Alvarez Ballesteros tenente de alcalde
O edil explica que non hai marcha artas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará