Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello solicita que se paralice a modificación da Lei do aborto

RR_Noticias

O pleno do concello aprobou, cos votos a favor de PSOE, BNG e AER e a abstención do PP unha moción na que reclaman que se manteña a actual lei do aborto e se solicite da Xunta que se garanta en todas as áreas sanitarias que as mulleres poidan acceder a interrupción voluntaria do embarazo. A moción, presentada polo BNG  reclama tamén que dende o Concello que poña en marcha unha campaña institucional de información sobre a Lei actualmente en vigor. Os nacionalistas animan á cidadanía a participar da manifestación convocada este domingo en Santiago contra a reforma da lei.

A plataforma SOS Sanidade Pública, que agrupa a profesionais do sistema de saúde e outros colectivos sociais convocan este domingo unha manifestación en Santiago contra os plans do goberno de reformar a lei do aborto, por consideralo unha política regresiva. Unha reforma que ten tamén o seu oco no debate local logo de que o pleno do concello aprobase, coa abstención do PP, unha moción do BNG na que reclaman que se paralice a reforma promovida polo Ministerio de Xustiza por entender que a nova normativa  dificultan o acceso ás interrupcións voluntarias do embarazo. Critican dende o Bloque que o goberno do PP pretende “co borrador de lei actual un retroceso de década que vulnera dereitos consolidados das mulleres no referido á súa saúde sexual e reprodutiva”. Engaden que a nova normativa impulsada polo Ministro de Xustiza “pretende aplicar o programa ideolóxico dos grupos ultra relixiosos que se opoñen aos dereitos das mulleres sen responder, en ningún caso, a criterios económicos nin sanitarios”. Unha opoinión coa que se amosaron de acordo os concelleiros de PSOE e AER no último pleno municipal no que votaron a favor da proposta, non así o PP. A concellería de Servizos Sociais, Teresa París aseguraba que o borrador sobre a nova lei “vai eliminar por primeira vez a penalización a aquelas mulleres que aborten, algo que non facían as leis anteriores” e avogou tamén por defender unha nova normativa que segundo dixo “pon nunha balanza os dereitos da muller e tamén da outra vida que se vai perder”.  

Cecilia Pérez BNG
Defende que se retire o borrador que quere modificar a lei
Teresa París PP
Defende a reforma da lei

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará