Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Mundialito da Xunqueira quere incrementar o número de participantes con premios en metálico

RR_Noticias

A tradicional cita deportiva disputarase do 1 ao 28 de xullo na pista da Xunqueira, e inclúe tamén novidades como un concurso fotográfico. O prazo de inscripción está aberto ata o 27 de xuño na cafetería Aifos, e o sorteo celebrarase o día 28, ás 21.00 horas. A inscripción custa 100 euros, máis 30 que debe depositar cada equipo como fianza.

Por primeira vez nos seus 39 anos de historia o Mundialito ofrece premios en metálico para os tres primeiros clasificados, sempre que se garanta unha participación mínima de 26 equipos. Segundo Julio Mougán, presidente do Redondela F.S., rompen coa súa tradición “pola demanda da sociedade” e confiando en que deste xeito se incremente o número de parcipantes, que se vén reducindo nos últimos anos. Tamén se instaura un premio especial de 50 euros, á foto que resulte gañadora cunha temática que garde relación co Torneo da Xunqueira, que os participantes deberán envíar ó mail do clube Fútbol Sala Redondela ( f.s.redondela@hotmail.es ). E como terceira novidade, a marca warrior (patrocinador do Sevilla e Liverpool) a todos aqueles que dende o inicio do torneo, xoguen con zapatillas desta marca, de disputar a final, a firma regalaralle a cada un deles, unha camiseta do Liverpool. Tamén se outorgarán os tradicionais premios á Deportividade, ao mellor xogador, ó equipo menos goleado e ao máximo goleador. Na presentación, celebrada onte na cafetería Aifos, o concelleiro de Deportes Jesús Crespo, salientou tamén “o esforzo” que fan entidades deportivas como esta para ofrecer alternativas de ocio e deporte para todos os públicos tamén no verán. O XXXIX Mundiliato da Xunqueira está organizado polo Club Redondela Fútbol Sala, en colaboración co Concello e a Cafetería Aifos.  

Julio Mougán Redondela F.S.
O presidente do club preséntanos as novidades desa 39º edición.
Jesús Crespo concelleiro de Deportes
O edil destaca o esforzo que fan entidades como o Redondela F.S. ao organizar estas alernativas de ocio e deporte.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará