Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Vintesete voluntarios retiran 8 toneladas de lixo do monte Mirallo de Trasmañó

RR_Noticias

Electrodomésticos, cascallos de obra, pneumáticos, colchóns, botellas e todo tipo de aparellos forman parte das 8 toneladas de lixo retiradas nos últimos días do monte Mírallo grazas á labor dos comuneiros da parroquia de Trasmañó que queren así limpar o espazo natural e concienciar a cidadanía para que non se empregue o monte como un gran vertedoiro.

Nesta acción, desenvolvida pola Comunidade de montes da parroquia de Trasmañó, os comuneiros contaron co apoio do Concello, xa que foi o departamento de medio ambiente quen facilitou o colector e retirou o lixo acumulado polos voluntarios, quen para desenvolver o traballo se dividiron en varios grupos de traballo que percorreron o monte “armados” con bolsas e apoiados por dous remolques e un todoterreo.
O presidente da comunidade de montes, Fernando Magdalena, salientou o positivo deste tipo de accións que serven para sensibilizar á cidadanía da necesidade de conservar o monte e subliñou que “malia ser un traballo duro mereceu a pena xa que así se poderá gozar deste sepazo natural sen o lixo que tanto prexudica ao ecosistema”. Engadiu ademais que espera que con este tipo de iniciativas se logre concienciar á xente para que non tire lixo ao monte.
Os comuneiros teñen previsto novas actuacións nas vindeiras semanas sendo a máis inmediata unha saída con fines didácticos cun percorrido polas mámoas e petroglifos da zona.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará