Hoxe é Domingo 6 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela busca banco

RR_Noticias

Baixo ese lema está convocada unha asemblea urxente que terá lugar mañá xoves ás 19:00 horas no Multiusos do Piñeiral do Crego. Unha reunión na que se abordará o peche da sucursal que a entidade Novagalicia Banco ten no barrio da Igrexa en Chapela. Os afectados aseguran que o peche desta sucursal suporá un importante trastorno para os veciños e comerciantes da zona.

A decisión de Novagalicia Banco de pechar a sucursal que actualmente funciona no barrio da Igrexa ten en pé de guerra aos veciños da zona, que insisten en que a desaparición desta oficina suporá un gran trastorno para os usuarios desta entidade que quedarán tan só coa sucursal situada na Avenida de Vigo, na zona baixa da parroquia.
De feito, os comerciantes do barrio iniciaron días atrás unha recollida de sinaturas para esixir ao Banco que manteña esta sucursal aberta.
No caso de non obter unha resposta positiva ás súas demandas non desbotan a posibilidade de animar aos aforradores a trasladar os seus cartos a outras entidades que si ofrezan este servicio na zona.
Para abordar este tema convocan unha asemblea urxente mañá xoves ás 19:00 horas no Multiusos do Piñeiral.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará