Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Afectados pola AP-9 endurecerán as protestas logo de aprobar o Parlamento a ampliación da ponte

RR_Noticias

O PP fixo valer a súa maioría na cámara galega para sacar adiante unha iniciativa que pide a Fomento que se dea prioridade á ampliación da ponte de Rande e pospoña “sine die” o terceiro carril dende Chapela a Teis. Os afectados pola AP-9 critican a decisión porque abre a porta a que no futuro se faga a ampliación da vía ao seu paso pola parroquia redondelá. Engaden que esta ampliación “o único que fará e crear un funil en Rande”.

O secretario da Asociación de Afectados, Roberto Villar critica abertamente a decisión do PP de aprobar en solitario unha ampliación que segundo explica non soluciona o problema de tráfico e que pola contra provocará enormes prexuízos medioambientais e económicos non só para Chapela senón en xeral para toda a contorna e para os petos de todos os galegos, que son “quen van pagar a obra a Audasa”. Villar insiste en que a ampliación da ponte suporá a desaparición dos restos do castelo de Rande, a expropiación de vivendas, a perda de valor económico das casas e leiras da zona así como unha maior contaminación na ría. A isto habería que engadir o custe económico da obra. Os veciños anuncian un endurecemento e radicalización nas mobilizacións porque “logo de darlle ao goberno de Javier Bas unha marxe de 500 días non confiamos na súa palabra”, en referencia a que o compromiso dos PP era non apoiar a ampliación e malia a todo agora votan ao favor de dita obra no Parlamento galego. Aínda que iso supoña deixar fora o terceiro carril no tramo que vai dende Chapela ata Teis, Villar lembra que unha vez feito o ensanche na ponte o lóxico sería tamén ampliar a autoestrada ao seu paso pola parroquia “unha obra que podería facer este ou calquera outro goberno nun prazo de tan só tres meses”.  

Roberto Villar Afectados pola AP-9
Lembra as consecuencias de facer a obra na Ponte
Endurecer as mobilizacións
Critican o que entenden cambios de postura do PP

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará