Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Colectivo republicano conmemora o aniversario da II República coa película Assalto ao Santa María

RR_Noticias

Co gallo de conmemorar o aniversario da II República, da que o vindeiro 14 de Abril se cumpren 82 anos, o Colectivo Republicano de Redondela realiza diferentes actos nesta fin de semana que inclúen unha proxección cinematográfica e unha ofrenda floral no cemiterio de Os Eidos.

O colectivo republicano proxecta a película Assalto ao Santa María, unha película de Francisco Manso e que conta entre os seus actores coa interpretación do redondelán Miguel Borines. A proxección será este sábado 13 ás 20:30 horas na Sala Discotasca. A  cinta conta a historia de Zé un mozo emigrante portugués que no 1960 pasa por un período difícil na Venezuela. O mozo entra en contacto co capitán Henrique Galvão, un dos mais destacados opositores do rexime do dictador Salazar. Fascinado por Galvão, Zé xuntarase cun grupo de exiliados políticos portugueses e galegos que baixo a dirección do militar portugués preparan a mais sensacional acción levada a cabo:o asalto e ocupación do buque «Santa Maria». O asalto comeza o 21 de xaneiro de 1961 e leva Henrique Galvão e os seus homes a navegar pelo Atlántico Sur durante once días perseguidos pola mariña americana e a prensa internacional nun intento de trasladar ao mundo unha mensaxe de liberdade e esperanza contra as ditaduras da Península Ibérica. As actividades do colectivo republicano continuarán o domingo cunha ofrenda floral na foxa común do cemiterio dos Eidos a unha do mediodía e a continuación ofrenda floral na praza da II República. Nesa mesma xornada celebran un xantar republicano no furancho de Moncho, en Nespereira-Pazos de Borbén. O prezo é de 15€ e é preciso incribirse no teléfono 682152025.  

Assalto ao Santa María
Trailer

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará