Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela prepárase para festexar Os Maios

RR_Noticias

As persoas interesadas en participar deben facer a súa inscrición no Multiusos da Xunqueira antes do venres día 26 de Abril. O concello repartirá este ano 1.800 euros en premios entre os Maios participantes, nas categorías de  maio tradicional e artístico, coplas e interpretación. Cultura outorga unha axuda económica de 30 euros que recibirán todas as agrupacións participantes para colaborar na elaboración do Maio.

As agrupacións que se presenten deberán gardar unha unidade temática tanto no seu vestiario coma na súa actuación. No apartado de maio tradicional incluiranse tan só os construídos con forma cónica empregando materiais vexetais, especialmente fiúncho, pampullo, peonias, laranxas e flores diversas, mentres que na categoría de maio artístico si terán cabida o resto das formas. O único material non vexetal permitido para a decoración dos Maios nas dúas categorías é a casca de ovo.
En canto ás coplas deberán estar escritas en normativa oficial e será imprescindible que cada maio conte como mínimo con catorce coplas das que seis serán interpretadas diante do xurado.
Os Maios galardoados poderán facerse cun premio en metálico de 200 euros para o primeiro clasificado e 150 o segundo, mentres que o terceiro clasificado en cada unha das categorías recibirá cen euros.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará