Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

600 redondeláns atrapados na maraña das preferentes

RR_Noticias

Preto do 60% dos afectados teñen recorrido á vía da arbitraxe, un proceso que permite aos aforradores recuperar o total do investido pero que está a ser “lento e arbitrario” ao entender dos preferentistas. Logo da quita anunciada polo FROB e que supón unha perda considerable do investido, os ánimos están cada vez máis caldeados polo que as protestas continuarán con mobilizacións nas rúas e irrupcións nos plenos.

Son máis de 600 os redondeláns que no seu día compraron valores preferentes ou subordinados aconsellados polo seu bando de referencia, nomeadamente Novacaixagalicia. Uns aforradores que a día de hoxe continúan sen saber que porcentaxe van recuperar dos seus cartos. O FROB anunciaba unha quita media dun 43%. Pero os aforradores terán que engadir un segundo recorte. Os aforros se lles entregarán en acciones de NCG e será o Fondo de garantía de Depósitos o que converta eses títulos en cartos, aplicándolles unhas segunda quita. Dende as diferentes plataformas de afectados, tamén na nos comarca, lembran que o único xeito de recuperar o 100% do investido é a través da arbitraxe, unha vía que está a ser “lenta” e sen que exista un criterio nos casos abordados ata o de agora, pero que é a única eficaz para que os aforradores o recuperen todo. En Redondela ao redor de 350 persoas solicitaron a arbitraxe, aproximadamente un 60% dos afectados.  

Carlos Igrexias Afectados polas preferentes
Explica cal é a situación na que se atopan logo do anuncio da quita
Recorrer á arbiraxe
Unha vía lenta pero a única que asegura os cartos investidos
Mobilizacións
As protestas levaranos novamente ao pleno do vindeiro 4 de abril

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará