Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Club Naútico de Redondela busca manterse na Segunda División cun novo adestrador

RR_Noticias

Luis Leiro é o novo técnico do equipo de natación redondelán en substitución de Jorge Lorenzo. A piques de cumprir 23 anos este mozo afronta o novo reto “con ilusión” e agarda transmitir ós deportistas do club a súa experiencia na competición, onde acadou ata en 7 ocasións o Campionato de España, ademais de proclamarse campión galego 37 veces.

Malia a súa xuventude conta cunha dilatada carreira como nadador, que comezou de neno, e na que rexistra 13 marcas galegas entre os anos 2008 e 2011. Agora quere compartir cos 45 membros do Naútico de Redondela a súa experiencia e ser “un máis” do equipo, algo que entende será “moi positivo” para os rapaces, xa que pretende que a relación sexa “de proximidade e confianza”. Nos últimos dous anos exerceu como monitor no Club Naútico de Vigo, e agora dá o salto a Redondela, onde substitúe a Jorge Lorenzo, que por compromisos laborais non pode continuar como primeira adestrador, aínda que acompañará a Leiro como o seu segundo. Agora a súa meta é conseguir que o equipo se manteña na Segunda División na Copa Absoluta, xa que o próximo mes de maio serán as finais da Copa de Clubs de Galicia. Para a próxima temporada agarda dar o salto á Primeira División, e ademais de adestrador competirá tamén como nadador polo club redondelán.  

Luis Leiro adestrador
O técnico quere transmitir a súa experiencia ó equipo.
Oxectivos da temporada
Manter a segunda división é a premisa para esta temporada.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará