Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un Choco moi efectivo imponse ao Estradense

RR_Noticias

Os locais dispuxeron de varias ocasións de gol, pero a falta de puntería nuns casos, e o bo facer de Cortegoso noutros, impediulles definir. Esta situación aproveitárona os homes de Jacobo Montes, que con moita máis eficacia anotaron os dous goles que lle deron o triunfo e os aúpan á parte alta da táboa.

Preferente Sur

Estradense 0-2 Choco
O Choco escala posicións na táboa e xa é terceiro da clasificación logo de gañar no campo do Estradense. Os locais tiveron varias ocasións de gol, pero faltoulles a puntaría, o que aproveitaron os de Jacobo Montes, que foron moito máis eficaces na súas chegadas á portería rival. Na segunda metade unha perda de balón de Vicente orixinou unha contra levada por Albert e culminada con calidade por Chus para abrir o marcador. Este gol obrigou ao Estradense a dar un paso á fronte, o que orixinou un intercambio de golpes que terminou por decantarse do lado redondelán. Brais e Martín puideron marcar para o Estradense antes de que Caloi enviara un balón ao traveseiro coa portaría baleira. Pouco despois e nunha nova contra, o colexiado sinalou penalti na área do Estradense por mans de Mateo. Caloi disparou pero Makelele adiviñou a súa intención para manter o partido aberto. Unha clara ocasión de Vicente foi o preludio da sentenza de Chus, ao aproveitar un penalti xa no tempo de desconto. Agora, desde a terceira posición da táboa e a tan só un punto dos segundos, o Choco prepara o próximo encontro en Santa Mariña, onde recibirá ó Portonovo, que é o 5º do grupo.
Segunda Autonómica

Nieto 1-0 Chapela
Os de Chapela frearon a súa liña ascendente logo dunha derrota pola mínima no campo do Nieto. Desde a 14ª posición na táboa o equipo redondelán recibirá na próxima xornada ó Chaín, dous postos por riba deles.
Choco B 2-2 R.Castrelos
O filial do Choco ocupa a 6ª praza do seu grupo logo dun empate co R. Castrelos. A próxima xornada xogarán no campo do Teis, da metade da táboa.
Nespereira 1-4 S.Salvador
O equipo de Pazos encaixa unha nova derrota e segue como pechacancelas do seu grupo. A próxima xornada xoga no campo do Ribadelouro, situado tamén na parte baixa da táboa.
Terceira Autonómica

Arcade 1-1 Campañó
O Arcade continúa como líder en solitario do seu grupo malia o empate a un gol co Campañó, o terceiro da táboa. A próxima xornada xogarán no campo do Cotobade, equipo situado na parte baixa da táboa.
At.Estación 3-1Cesantes
Os redondeláns seguen na metade baixa da táboa logo da derrota encaixada no campo do At. Estación. A próxima xornada reciben ao Monteporreiro, situado tres postos por riba do Cesantes.
At. Vilar 0-2 C.Apóstol
Os redondeláns ocupan a 10ª praza do seu grupo logo da derrota diante dun dos equipos fortes da clasificación, o C.Apóstol. Na próxima xornada xogarán no campo dun rival máis feble, o Alcabre.
Futbol Sala- Liga Galega Sur

Redondela 3-3 Crecente
Agardábase un partido moi igualado entre dous equipos que escapan dos postos baixos da táboa, e esa igualdade quedou reflectida no marcador cun empate a 3 goles. A próxima xornada, logo do parón de Semana Santa, os de Julio Mougán terán ocasión de seguir escalando posicións, xa que van xogar na pista do rival máis feble do grupo, o Valadares, pechacancelas do grupo. Será o sábado, 6 de abril, ás 18.30 no pavillón do Pedregal.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará