Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O balonmán local suma e segue

RR_Noticias

O Solla&Cía Chapela e a SAR Plastic Omnium impuxéronse nos seus respectivos encontros da Primeira Naciona e Autonómica. Os de Fran Teixeira manteñen a segunda praza logo de impoñerse ó Lalín e os pupilos de Diego Lorenzo lideran o seu grupo ao gañar ao Pontevedra logo dunha gran remontada.

Primeira Nacional

Emb.Lalinense 24-27 Solla&Cía Chapela
Importante triunfo para o equipo redondelán, que mantén a segunda praza do grupo e segue vivo na loita por entrar na fase de ascenso. Pero non foi un partido doado, malia a mala situación na táboa dos anfitrións. No Lalín Arena viviuse un encontro moi igualado, e no que os colexiados cobraron protagonismo por algunhas decisións que foron protestadas polos locais. Os de Fran Teixiera foron sempre por diante no marcador, aínda que a vantaxe do equipo de Chapela, que chegou a ser de ata 7 goles, foise recortando na segunda metade. Con todo, o Solla soubo manterse frío e aguantar o partido, cunha vitoria que resulta fundamental para seguir loitando polo pase á fase de ascenso. Para Teixeira esta recta final da liga será moi complicada, xa que todos os rivais se xogan algo. A proxima cita, logo das vacacións de Semana Santa, será co Ademar, o 3º clasificado.
Primeira Autonómica

SAR Plastic Omnium 26-24 Vital Dent Pontevedra
A SAR xa é líder do grupo logo de darlle caza ó Pontevedra. Aínda que na primeira parte do partido foi o Pontevedra o que dominou, gañando no descanso por 10-14, a segunda metade foi moi diferente. Diego Lorenzo conseguiu que os seus xogadores saíran do vestiario con outra actitude e foron quen de remontar o marcador con triunfo final para a SAR. Na próxima xornada,logo do descanso de Semana Santa, xogan no pavillón do Poio.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará