Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un pantalán dará acceso por mar ao Museo Meirande

RR_Noticias

Un acordo entre a Autoridade Portuaria e o Concello de Redondela permitirá a construcción dun pantalán flotante que servirá para facer escala no Museo aos visitantes que se acheguen por mar. A entidade portuaria cederá tamén espazo dunha explanada existente na zona para que poida servir de aparcamento a autobuses e vehículos que neste caso cheguen por terra.

Uns acordos entre ambas as dúas administracións que o alcalde, Javier Bas, anunciaba no transcurso das I Xornadas sobre o patrimonio Industrial que se celebraron na fin de semana en Redondela e que permitiron a un cento de persoas achegarse ao Museo. Unha visita que supuxo o “preestreno” do Meirande que se espera abrir oficialmente no mes de Maio. Os visitantes puideron percorrer as salas do inmoble, creado para que o público interactúe e se sinta no interior dun galeón, con diferentes espazos dotados de obxectos e pezas que lle permite ao visitante trasladarse ao pasado. Así, o museo contén dúas máquinas de vapor de finais do século XIX pero tamén, e quizais máis espectacular, dúas réplicas exactas de canóns, unha sala que recrea a bodega dun galeón ou unha sala de navegación. Un museo “froito da colaboración de veciño e administración -segundo palabras do alcalde- e que permitirá poñer en valor a enseada”. As estimacións falan de que o custe anual do Centro de Interpretación roldará os 180.000 euros. Unha cuestión, a do financiamento que foi motivo de polémica nos últimos tempos e que o propio arqueólogo, Xurxo Cónstela da empresa A Citania quixo abordar no transcurso das xornadas lembrando que é obriga das administracións preservar espazos como a Fábrica do alemán, “con apostas atrevidas que sirvan para recuperar o espazo e para difundir o patrimonio facendo cidade”. E precisamente do seu financiamento falou un dos poñentes nas xornadas, o catedrático de Historia e Institucións Económicas da Universidade de Santiago de Compostela, Xoán Carmona Badía quen salientou a necesidade de enmarcar estes proxectos noutros globais como por exemplo en circuítos turísticos que xa se están a desenvolver en Europa pero neste caso “revalorizando o papel de Galicia na II Guerra Mundial como fornecedora de wolframio aos alemáns”. Carmona Badía subliñou tamén a necesidade de por en valor e conservar o patrimonio industrial existente na Ría de Vigo como o Meirande “xa que a singulariedade destes elementos é o que en gran parte nos identifica”. E houbo oco nas xornadas para facer historia. O xornalista Eduardo Rolland foi o encargado de achegar aos asistentes un percorrido pola guerra económica que se viviu en Galicia a partir do descubrimento das posibilidades que para o sector armamentístico tiña o wolframio, un mineral que a industria comezou desbotando pero que chegou a ter un elevado valor económico cando se interesaron por el alemáns e aliados. Autor do libro “Galicia en guerra, espías, batallas, submarinos e wolframio” no que se recolle a historia da participación de Galicia na II Guerra Mundial amosou a súa erudición no tema partindo do que fora un dos elementos do patrimonio industrial local hoxe practicamente desaparecido. Situou aos asistentes no ano 1926 para relatar o por que da construcción dun cargadeiro por parte da empresa Compañía Minerales de Hierro de Galicia, infraestrutura situada no estreito de Rande e da que tan só quedan os piares logo de que na década dos 50 fora desmontada a maior parte da mesma para ser vendida como chatarra. A partir de dita infraestrutura relatou Rolland o nacemento de toda unha arañeira ao servizo do poder alemán para garantir a saída do wolframio cara á Alemania nazi, un mineral que nun primeiro momento era desbotado pola industria pero que chegou a converterse en fundamental para garantir a industria armamentística da época. E nese relato mestúranse empresarios como o propietario da compañía e vicecónsul de Alemania en Monforte, Friedrich Wilhelm Cloos (soterrado en Vigo) espías, empresas tapadeira do consorcio nazi Sofindus… pero tamén moitas lendas difícil de soster en base aos datos históricos  

Lendas increíbles
Hai moitas lendas en torno ao wolframio sen base histórica algunha
Javier Bas alcalde
O rexedor anunciou o proxecto do pantalán
Preestreno do museo
Unha obra produto dunha colaboración enre veciños e administracións
Xurxo Constela arqueólogo
Responde ás críticas sobre o custe do proxecto
Xoan Carmona Catedrático de historia
Autofinanciamento parcial
Preservar a pegada humana
Ese é un dos obxectivos deste tipo de actuacións
Eduardo Rolland Xornalista
Unha guerra económica na enseada de San Simón

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará