Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xoan Carmona Badía: “Preservar o patrimonio industrial é preservar a nosa singularidade”

RR_Noticias

O catedrático de Historia e Institucións Económicas na Facultade de Económicas da Universidade de Santiago de Compostela, Xoán Carmona Badía subliñou, na súa intervención dentro das I Xonadas sobre o patrimonio industrial que esta fin de semana se celebraron en Redondela, a necesidade de por en valor e conservar o patrimonio industrial existente na Ría de Vigo “xa que a singulariedade destes elementos é o que en gran parte nos identifica”.

Salientou a importancia do patimonio industrial como unha parte máis do patrimonio cultural onde non só hai que conservar os lugares senon tamén as persoas e as súas relacións e, no referente en concreto ao proxecto Meirande, destacou a necesidade de revalorizar o conxunto para atraer así público ao Centro de Interpretación. Un lugar que a xuizo de Carmona pode entrar a formar parte por exemplo dos circuitos turísticos de Europa “revalorizando o papel de Galicia na II Guerra Mundial como fornecedor de wolframio aos alemáns”.

Xoan Carmona Badía Catedrático de historia
Na súa intervención falou de historia pero deixou tamén reivindicacións polítias

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará