Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fomento non compromete melloras nas estradas nacionais e afirma que o tráfico se reduciu

RR_Noticias

As peticións feitas polo Concello de Redondela en materia de seguridade viaria nas estradas N-550, N-552 e N-555 acometeranse en función “da dispoñibilidade orzamentaria” do Ministerio de Fomento, que evita confirmar partida algunha. O goberno anuncia tamén que está a redactar o proxecto da autovía A-59 entre Vilaboa e Peinador, co que se reduciría o tráfico que atravesa o municipio redondelán.

Estas foron algunhas das respostas que o executivo de Mariano Rajoy ofreceu ó grupo parlamentario do BNG, que solicitou información sobre a previsións do goberno para resolver “o mal estado das estradas nacionais” ao seu paso por Redondela. A deputada Olaia Fernández Davila sinala no escrito remitido ó goberno que a situación é “grave e perigosa” para os peóns e os condutores, sobre todo polo incremento do tráfico nos últimos tempos debido “aos elevados prezos nas peaxes da AP-9”. A nacionalista lembroulle a Fomento as demandas do Concello redondelán, que pasan pola construción dunha rotonda no alto de Saxamonde, melloras nu cruce da N-550 e N-552 en Vilavella e unha rede semafórica na N-552 no barrio de Rande, entre outras. Na súa resposta o goberno central sinala que as actuacións en cuestión de beirarrúas e semáforos corresponden ao Concello “previa autorización de Fomento”. O resto de solicitudes están “en estudo” e acometeranse en función das “dispoñibilidades orzamentarias e prioridades” que se establezan por parte do ministerio. Desde Fomento advirten que o proxecto para a nova autovía A-59 estase a redactar, e que unha vez en servizo aliviaría o tráfico nas estradas N-550 e N-555 ao seu paso por Redondela. Por outra banda está tamén en estudo o ramal de conexión entre a A-59 e a N-550 no tramo “Cesantes-enlace O Viso”. Este ramal planifícase nas zonas norte e este do municipio mediante un novo vial de conexión entre a N-550 e a futura A-59, funcionando como una variante ao seu paso por Redondela.
Caída do tráfico
O ministerio de Fomento nega tamén que exista un incremento no volume de tráfico rexistrado nas estradas nacionais que atravesan Redondela. Pola contra confirma que o número de vehículos descendeu entre os anos 2005 e 2011 un total dun 15% na N-550, o 24% na N-552 e o 18% na N-555. Con todo, estes datos non fai referencia ó tráfico rexistrado no pasado ano 2012, do que aínda non se rexistraron as cifras.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará