Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O concello celebra este martes o pleno posposto en dúas ocasións polo boicot dos preferentistas

RR_Noticias

Non haberá mocións e os membros da corporación debaterán tan só os catro primeiros puntos incluídos dentro da orde do día das dúas sesións anteriores, convocadas o 28 de febreiro e o 7 de marzo, e que non se puideron celebrar polas protestas dos afectados polas preferentes. Nesta ocasión a sesión arrancará ás 8:00 horas.

Os voceiros de todos os grupos con representación na corporación acordaron celebrar mañá martes ás 8:00 da mañá o pleno posposto en dúas ocasións por mor da presión dos afectados polas preferentes. Será unha das sesións máis madrugadoras que se lembran en Redondela e o obxectivo desta convocatoria tan inusual é sortear as protestas dos aforradores.
O debate prevese breve, xa que tan só se abordarán temas de trámite e pouco calado político pero que segundo o alcalde son fundamentais para aqueles veciños aos que lles afecta,  como por exemplo aprobar o pago de facturas que se teñen que recoñecer para poder abonalas ou a renuncia dunha persoa a un quiosco que ten que ser aprobada en pleno para que o seu actual titular recupere a fianza.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará