Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Manuel Puertas manterá a folga de fame de xeito indefinido

RR_Noticias

Logo de catro días en folga de fame baixo os soportais do concello para esixir que o INEM lle pague o subsidio de desemprego que lle ten embargado, asegura estar ben física e animicamente. A falta de comida está a verse recompensada co apoio e incluso os donativos dos veciños. De feito os cartos recadados ata o momento, que el quere devolver en canto cobre o paro, serviranlle para abonar as dúas mensualidade que adebeda ao seu caseiro.

Dende o pasado xoves día 7 Manuel Puertas Sotelino estase a alimentar tan só de líquidos. Auga, bebidas enerxéticas e un café ao día, é o único que se permite inxerir este mecánico axustador do naval galego, actualmente sen traballo, dende que iniciara unha folga de fame nos soportais do Concello para denunciar que o INEM lle ten embargado parte dos catro meses de paro que lle corresponden por unha axuda familiar xa cobrada. Unha situación que lle impedirá cobrar o subsidio de desemprego ata o vindeiro mes de abril. Manuel non se nega a pagar os 2.600 euros que lle debe ao Instituto de Emprego, pero entende que llos debían cobrar fraccionadamente en vez de deixalo sen ningún tipo de ingreso dende o pasado mes de xaneiro. Unha situación que cualifica de “inxusta” motivo polo que iniciou esta folga que anuncia “indefinida” á espera de que o INEM lle dea unha solución que lle permita pagar o aluguer que leva dous meses sen abonar. Afortunadamente a solidariedade dos veciños está a darlle ánimos e insiste en que a súa intención é devolver os donativos recibidos. Uns donativos que lle servirán para abonar os dous meses que adebeda polo aluguer dun piso na zona da Esfarrapada.  

Manuel Puertas Sotelino veciño en folga de fame
O embargo do seu subsidio levouno a comezar a folga
Folga indefinida
Aguantará todo o que poida
Solidariedade veciñal
Agradece os ánimos e os donativos que lle dan os veciños

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará