Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O C.D. Choco mira cara a parte alta da clasificación logo de afundir ao Ponte Ourense

RR_Noticias

O equipo redondelán sitúase paso a paso na zona alta da Preferente Sur logo de gañar en terras ourensás por 1-4. Tamén venceron os seus encontros os equipos locais de Segunda Autonómica, Chapela e Choco B impuxéronse a R.Bouzas B e Sárdoma, respectivamente.

Preferente Sur
Ponte Ourense 1-4 Choco
Tres goles de Chus e un de Caloi esmagaron ao pechacancelas do grupo. Grazas á vitoria os de Jacobo Montes manteñen unha semana máis a súa dinámica positiva. O partido púxoselle de cara ao Choco desde o comezo, mentres os ourensáns non eran quen de chegar con claridade á área de Cortegoso, un espectador máis do partido. Incluso o equipo redondelán dispuxo de máis ocasións para ampliar o marcador, pero os disparos de Chus, Caloi e Negro detívoos o porteiro Marcos. Na segunda parte, sae máis metido no partido o Pote e logra recortar diferenzas no marcador ao transformar un penalti Iván. Pero o Choco, con máis oficio, fai o terceiro grazas a Caloi. Aínda que o equipo pontino tenta con máis corazón que cabeza empatar o partido, apenas ten oportunidades para facelo, xa que a defensa visitante móstrase moi contundente e co resultado a favor segue facendo o seu partido e tratando de aumentar o marcador. Os minutos van transcorrendo e o Choco segue xogando ao fútbol e chegando con claridade á área ourensá, e é Chus o que logra o seu terceiro gol particular e a sentenza do partido. Unha nova vitoria que lle permite aos visitantes seguir mirando cara arriba, mentres que o Ponte Ourense xa ten os dous pés na Primeira Autonómica. Desde a 5ª praza do grupo o Choco recibe na próxima xornada ao Pontellas, na metade da táboa.
Segunda Autonómica

R. Bouzas B 1-3 Chapela
O Chapela mantén a 16ª posición da táboa logo da vitoria campo do R.Bouzas B. A próxima xornada recibe a A Guía, 3º do grupo.
Choco B 2-0 Sárdoma
O filial do Choco mantense na metade alta da táboa logo de gañar en Santa Mariña ó Sárdoma. Próxima xornada Coia-Choco B.
Nespereira 0-1 Arbo
O Arbo foi o claro dominador do partido, e malia crear múltiples ocasións só puido materializar un gol. A renda sobre o equipo de Pazos puido ser moi superior, xa que mesmo fallaron dous penaltis. As condicións do terreo de xogo, enlamado, foi tamén determinante nun encontro no que o Nespereira seguiu sen levantar cabeza. Só suma 3 puntos nas 24 xornadas que levan disputadas. A próxima xornada xogan no campo do Sp.Guardés.
Terceira Autonómica

Arcade 5-1 R.Bahía
O Arcade continúa como líder en solitario do seu grupo logo de gañar por goleada ó R.Bahía. Próxima xornada: San Andrés-Arcade
Vilaboa 4-1 Cesantes
Derrota dos redondeláns que caen á metade baixa da táboa. Próxima xornada Cesantes-Presqueiras
At. Vilar -descansou. Próxima xornada Santa Eulalia-At. Vilar
Futbol Sala – Liga Galega Sur

San Martiño F.S. Tall. Veiga 4-3 Club Redondela F.S.
Derrota dos de Julio Mougán en Moaña. O San Martiño demostrou a súa calidade, aínda os redondeláns fixeron un gran xogo e mantiveron un encontro moi igualado cos anfitrións. A próxima xornada reciben en Redondela a un dos equipos da parte alta da táboa, o Mondariz F.S., quinto clasificado.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará