Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela co cinema en galego

RR_Noticias

O Servizo de Normalización Lingüística organiza o ciclo Versión Orixinal, coa proxeccións das longametraxes Vilamor, Engurras e O Apóstolo. O certame arranca o 17 de febreiro e remata o 9 de marzo, con pases no Multiusos da Xunqueira de Redondela e no Auditorio do Piñeiral de Chapela.

O obxectivo desta actividade é dobre, por unha banda quere poñerse en valor “a utilidade da lingua galega na creación artística” e, ao mesmo tempo, “promover actividades de lecer na nosa lingua” con tres traballos cinematográficos galegos e de calidade. O ciclo vaise desenvolver do 17 de febreiro ao 9 de marzo, e incluirá proxeccións semanais, ás 20.00 horas, o domingo no Auditorio do Piñeiral do Crego (Chapela), e no Auditorio da Xunqueira os tres sábados seguintes. O prezo das entradas é de 3 € , e poderanse adquirir nos multiusos dende 2 días antes a cada proxección. Nesta primeira edición exhibiranse as tres producións galegas de máis repercusión en 2011: Vilamor, dirixida por Ignacio Vilar; Engurras, dirixida por Ignacio Ferreras sobre o cómic de Paco Roca; e O Apóstolo, dirixida por Fernando Cortizo, que é ademais finalista a un premio Goya na categoría de mellor película de animación. O Auditorio do Piñeiral do Crego acollerá, o domingo 17 de febreiro, a proxección de “O Apóstolo”, e este mesmo filme será proxectado o sábado 23 no Auditorio da Xunqueira. Nos seguintes sábados será a quenda de “Vilamor”, o día 2 de marzo; e de “Engurras”, o día 9 de marzo, as dúas no Auditorio da Xunqueira.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará