Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un muro para evitar perigos en Chapela

RR_Noticias

O Ministerio de Fomento, a través da Demarcación de Estradas, construirá un muro de contención nun noiro de Chapela duns cinco metros de altura . Actualmente unhas táboas protexen dos desprendementos, pero os veciños levan meses advertindo que existen un grave risco risco de esborralle de terra e pedras.

O lugar está situado ao final da Avenida de Redondela, no barrio de Xapón. O desnivel atopábase até hai un mes cheo de matogueiras que invadían a beirarrúa. A Asociación de Veciños e a Comunidade de Montes de Chapela solicitaron ao Concello que reclamase dos propietarios a limpeza da parcela. Uns días despois uns operarios de Estradas do Estado procederon a rozar a zona, aínda que a presenza dun muro de pedras en mal estado ameaza con desprenderse. O goberno local de Redondela trasladou as demandas dos cidadáns aos responsables da Demarcación de Estradas, e segundo confirmou o goberno local, existe xa un compromiso para a construción dun muro de contención que evite calquera risco para os viandantes.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará