Hoxe é Martes 16 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O comercio de Redondela repartirá 3.500 euros en premios nas compras de Nadal

RR_Noticias

Actividades de entretemento para os máis pequenos, obradoiros nunha gran carpa e concertos completan a programación “Este Nadal queremos regalarche diversión”. Tamén organizan un concurso de escaparates no que os veciños poderán votar a través do facebook.

Os locais de comercio e hostalería de Redondela pon en marcha un ano máis a campaña ‘Mercar en Redondela ten premio’, unha iniciativa na que colabora a Asociación de Empresarios de Redondela e o Concello. Julia Alonso, da Asociación de Empresarios, explica que a campaña de Nadal agasallará este ano aos clientes con até 3.500 euros en vales de compra. Por cada compra ou consumición nos locais asociados o cliente recibirá un cartóns co códigos de participación. Estes códigos poderán comprobarse na web da asociación www.empresasredondela.com/promocións. Os códigos poden ter premios directos en vales de compra de 50, 100 e 200 euros, que se entregarán na gala do comercio que terá lugar o próximo 11 de xaneiro. Entre todos os códigos non premiados, celebrarase un gran sorteo final. Ademais, dentro do programa “Este Nadal queremos regalarche diversión” os comerciantes volven instalar unha gran carpa na praza da Casa da Torre con actividades para os máis pequenos. Desde o 22 de decembro e ata o 4 de xaneiro haberá animación con Papá Noel, paxes reais, festas temáticas, obradoiros e un amplo programa de entretemento para os máis pequenos. A contorna do palco da música da Alameda acollerá outra zona de atraccións infantís cun gran carrusel con descontos do 50% para os clientes do comercio local. Para motivar ós comerciantes na decoración dos seus establecementos haberá tamén un concurso de escaparates no que serán os propios clientes os que valoren as mellores decoracións do Nadal a través de facebook. Entre todos as persoas que participen na votación sortearase un vale de compra, e tamén os establecementos gañadores terán premio. O obxectivo destas propostas é que “dinamizar o comercio local” nun momento “especialmente difícil para o sector”, polo que a Asociación de Empresarios de Redondela fai un esforzo para dar ós seus clientes unha oferta “de calidade” dentro dun modelo de compras “rendible e sustentable”.  

Julia Alonso da Asociación de Empresarios
Os códigos gañadores poden comprobarse na páxina web da Asociación de Empresarios.
Actividades de Nadal
En colaboración co Concello ofrecen un amplo programa de actividades.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará