Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Froles Mareliñas organiza en Chapela un mercado de Nadal para dinamizar o comercio

RR_Noticias

Favorecer as vendas do pequeno comercio da parroquia e facilitarlle aos veciños a compra de agasallos nun único espazo. Estes son os motivos que levaron á Asociación Cultural Froles Mareliñas a poñer en marcha esta fin de semana un mercado de Nadal na súa sede, a nave de Renfe de Chapela. Tamén comezarán con novas actividades no mes de xaneiro, con clases de conversa en inglés para nenos e adultos e bailes latinos.

Modesto González “Tito”, presidente do colectivo, traballa xunto co resto da directiva para colaborar “na medida das súas posibilidades” no desenvolvemento de Chapela. Por iso esta asociación cultural, que se dedica desde o seu nacemento á música e o baile tradicional galegos, vai sumando pouco a pouco máis actividades. A súa implicación cos veciños da parroquia levounos tamén a organizar este Mercado de Nadal, que se vai celebrar o sábado día 15 a partires das 16.00 horas, e o domingo día 16 desde as 10.00 horas. Desde Froles Mareliñas animan a todos os comerciantes de Chapela e Redondela a participar cos seus produtos nunhas xornadas nas que non faltará a música e a animación propia destas festas. Por outra banda, e xa de cara ó próximo mes de xaneiro, a asociación comeza o ano con novas actividades para todos os públicos. O 9 de xaneiro arrancan as clases de “Aprende inglés xogando”, para nenos de todas as idades. Un mestre de inglés nativo fará con eles actividades e xogos para que se inicien na lingua estranxeira “dun xeito lúdico”. As clases serán os mércores de 18.30 a 19.30 horas, e o prezo é de 6 € ó mes. Tamén se ofrecen clases de conversa en inglés para adultos, e o prezo é de 10 € mensuais. Ademais para os amantes do baile tamén comeza en xaneiro a actividade “Ritmos latinos”, impartida polo mestre Charly Huamán, que conta con varios premios a nivel autonómico e estatal nesta modalidade. As clases serán os sábados, de 22.00 a 23.00 horas, cun prezo de 15 € mensuais.    

Modesto González presidente
O Mercado de Nadal tenta dinamizar o pequeno comercio da parroquia.
Inglés para todos
En xaneiro comezarán as clases para nenos e adultos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará