Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obradoiros de Nadal para cativos

RR_Noticias

A Concellería de Servizos Socias abre o prazo para inscribirse no programa de actividades lúdicas e de ocio dirixido a nenos de entre 4 e 14 anos para as vacacións de Nadal. Este ano como novidade tamén haberá actividades físicas e ofertaranse quince prazas para nenos con necesidades educativas especiais. A inscrición debe formalizarse no Rexistro do Concello até o 19 de decembro e como requisito un dos proxenitores debe levar, como mínimo, un ano empadroado en Redondela.

A Concellería que dirixe Teresa París vén de abrir, este luns 10 de decembro, o prazo para inscribirse nos obradoiros de Nadal para cativos que se desenvolveran entre os días 24, 26, 27, 28, e 31 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro de 2013. As actividades celebraranse en horario de 09.30 a 13.30 horas no Multiusos da Xunqueira e do Piñeiral do Crego así como nos Centros Culturais de Cedeira, Cesantes, Vilar de Infesta e a Asociación Cultural e Deportiva a Miñoteira de Ventosela.
En total ofertaranse 180 prazas, 30 por cada centro, co obxectivo de promover a conciliación da vida familiar e laboral nas familias de Redondela durante estas festividades, ao mesmo tempo que se lle ofrece aos nenos a posibilidade de que dispoñan dun espazo lúdico alternativo nas vacacións de Nadal.
Este ano, e continuando coa liña do Programa Municipal de Conciliación, ademais das actividades lúdicas e de ocio, os rapaces e rapazas poderán gozar tamén con actividade física lixeira, adaptada aos seus gustos e por primeira vez ofértanse un total de 15 prazas para menores con necesidades educativas especiais, que serán atendidos por persoal profesional especializado.
Para poder participar é preciso presentar a ficha de solicitude no Rexistro Xeral do Concello de Redondela acompañada de volante de empadroamento da nai ou pai. As prazas adxudicaranse seguindo a orde de inscrición no Rexistro. A ficha de inscrición pode descargarse da páxina web do Concello ou recollela nas oficinas do Centro de Información ás Mulleres en Redondela e Chapela e o Volante de empadroamento debe solicitarse no Rexistro Xeral do Concello. O prazo rematará o mércores 19 de decembro e o venres 21 publicarase a listaxe de admitidos e reservas na páxina web do Concello e nos Centros de Información ás Mulleres de Redondela e Chapela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará