Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Recoñecemento á hostalaría de Chapela

RR_Noticias

A proposta da Asociación de Empresarios de Redondela e Radio Turismo, procedeuse á elección do restaurante Bahía como o gañador deste ano da medalla ouro que entrega tradicionalmente a Confraría Gastronómica Luso-Galaico.

Antes do acto de entrega, desde o restaurante realizouse a transmisión en directo do programa ‘España 13 horas’, dirixido polo xornalista José Madrigal’. Na emisión comentáronse as excelencias gastronómicas da zona, os valores turísticos de Redondela e da enseada de San Simón. Seguidamente procedeuse a entrega dos galardóns ‘Prato de Ouro de Radio Turismo e Medalla de Ouro da Confraría Gastronímica Luso Galaica’ ao propietario do establecemento de hostalaría, Luís Martínez Gil e á súa esposa, Luisa Pérez Antón e cociñeira do restaurante. Ao acto asistiron representantes do Concello de Redondela, da Asociación de Empresarios, así como o Patrón Maior da Confraría de Redondela e outros moitos representantes de asociación e institucións, clientes e amigos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará