Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Radio Redondela súmase á convocatoria dos Equipos de Normalización recitandocelsoemilio

RR_Noticias

Para conmemorar o centenario do nacemento do poeta Celso Emilio Ferreiro, os Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística réndenlle unha homenaxe con recitais da súa poesía ás 12.00 horas. As lecturas faranse en toda Galicia de xeito simultáneo, tamén desde a Radio Municipal de Redondela, coa colaboración do SNL de Redondela, mestres e alumnos do IES Mendiño e moitos veciños. Centros de ensino como o IES Chapela tamén se suman á iniciativa.

Hai cen anos do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro, unha das voces fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX, polo que a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) desexa renderlle homenaxe pública cunha acción de carácter colectivo que simbolice toda a forza e enerxía que transmite a súa palabra, símbolo permanente de valores de solidariedade e xustiza universais, pero tamén de compromiso cívico coa cultura e lingua de Galicia. A experiencia repetirase hoxe, ás 12.00 horas, simultaneamente desde centos de colexios e institutos, asociacións veciñais e culturais. Desde Radio Redondela sumámonos tamén á iniciativa co recitado dos seus poemas, que se emitirán hoxe, día “12 do 12 ás 12”. Para iso contamos coa colaboración do SNL do Concello de Redondela, mestras e alumnos de 1º e 2º curso do IES Mendiño, e moitos veciños e voluntarios como Elena Becerra, Cote Reboredo, Olga Lalín, Xurxo Valcárcel, Eva García Rei, Nolim, Lucía Pérez, Rafa e Xabier Garaloces. O IES de Chapela tamén se uniu á iniciativa cun recitado colectivo do poema “Deitado frente ao mar”. Un representante de cada curso, xunto con dous representantes do profesorado e un do persoal non docente recitarán na pista do instituto ás 12:12 horas. Simultaneamente 40 estudantes de 3º da ESO realizan unha performance na Praia de Arealonga organizada polo departamento de Música mentres recitan tamén o poema.  

Recitando a Celso Emilio
Alumnos do IES Mendiño e moitos veciños e voluntarios recitan a obra do escritor celanovés.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará