Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Feiras de troco no IES de Chapela para fomentar un consumo responsable

RR_Noticias

O Equipo de Dinamización da Lingua galega do IES de Chapela pon en marcha tres feiras de troco que arrancarán este xoves coa feira de Nadal. O obxectivo desta actividade é recuperar unha tradición arraigada na sociedade galega ao mesmo tempo que se difunde valores de consumo responsable entre os alumnos e se crea un espazo para o uso da nosa lingua.

Este xoves, a partir das 12,10 e durante 20 minutos o Instituto de Chapela converterase nunha feira de troco onde os alumnos de ESO, Bacharelato e Formación Profesional poderán intercambiar os obxectos que leven, neste caso agasallos, que poderán regalar este Nadal. A feira terá continuidade ao longo do curso, volverá repetirse en febreiro, o día 7, co gallo do Entroido, aquí os protagonistas serán os complementos de disfraces. O 9 de maio celebrarase a última feira de troco centrada no Día das Letras onde se intercambiarán produtos culturais como libros ou CDs.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará