Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A policía local detén a dous homes en Redondela por alcolemia e altercados

RR_Noticias

A primeira das detencións produciuse na tarde de onte na rúa Xeneral Rubín cando un condutor quintuplicaba a taxa de alcolemia permitida ó volante. A segunda foi en Cesantes, cando un veciño de Vigo provocou un altercado nun establecemento de hostalaría.

No primeiro caso a policía acudiu á glorieta situada na rúa Xeneral Rubín logo dun accidente leve, cando os axentes comprobaron que un dos condutores presentaba claros síntomas de embriaguez. Unha vez realizada a proba de alcolemia o home, J.E.C.F, de 56 anos e veciño de Redondela, arroxou unha taxa de 1,24 (case cinco veces máis que o máximo permitido que é 0,25), polo que foi detido e posto a disposición xudicial. Xa pola noite, pasadas ás 22.30 horas, os axentes acudiron a un bar de Cesantes onde o propietario denunciou a un veciño de Vigo que, logo de negarse a pagar a consumición, provocou varios altercados con outros clientes. Unha vez comprobada a súa documentación a policía local advertiu que se trataba de R.O.H., de 48 anos e veciño de Vigo, reclamado por un xulgado de Madrid, polo que foi tamén posto a disposición xudicial.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará