Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Cociña no mercado” chega á praza redondelá

RR_Noticias

O mercado municipal de Redondela acolleu o concurso “Cociña non mercado”, unha iniciativa da Deputación de Pontevedra que se enmarca dentro dun novo grupo de actividades impulsadas pola entidade provincial para promocionar os mercados como lugares “con tradición e de confianza”, renovar e dinamizar a súa actividade e oferta comercial, e atraer novos perfís de consumidores.

A organización do concurso salientou a alta participación no concurso dos vendedores de carne, peixe, marisco, verduras, lácteos, pan, e en xeral de todos os comerciantes da praza redondelá. As receitas seleccionadas poderán ser consultadas nos Tótems interactivos que a Deputación vai instalar ó longo da colocados nos mercados ao longo da campaña para que todos os clientes poidan imprimilas e mercar os produtos que precisen para cociñalas. Onte, a iniciativa conseguiu congregar a un número importante de veciños, que xunto coa concelleira Herminda Quelle, aproveitaron a súa visita ao mercado para coñecer as propostas dos vendedores, que participaron no concurso. Con todas esta iniciativa a entidade provincial pretende contribuír a vincular o prestixio da cociña galega cos produtos frescos e de calidade que se poden atopar nos mercados municipais; a que dignifiquen a imaxe dos Mercados Municipais, e a fidelizar os clientes e atraer novos consumidores. A campaña incluirá tamén a visita ó mercado de presitixiosos cociñeiros da provincia que elaborarán as receitas “ao vivo”, diante dos clientes da praza.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará