Hoxe é Martes 28 de Setembro de 2021
History
Stations
NOTHING FOUND!

A Federación San Simón organiza unha recollida de roupa e calzado usados para o pobo saharauí

RR_Noticias

A Federación de Asociacións de Veciños, Consumidores, Usuarios San Simón en colaboración coa Asociación de Solidariedade Galega co Pobo Saharauí pon en marcha unha campaña de recollida de roupa desde o mércores, 21 de novembro até o venres. As doazóns poderanse facer nos soportais da Casa do Concello entre as 17,00 e as 20,00 horas.

Calzado, roupa de cativos, adultos, de verán ou inverno, manteis, mantas, roupa de cama. Todo será benvido nesta iniciativa que parte da Asociación de Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, que será a encargada de xestionar e distribuír todo o material recollido. O único requisito que as doazóns estean en bo estado e limpas. As prendas poderán entregarse o mércores, xoves e venres, desta semana, nos soportais do Concello de Redondela, entre as cinco e as oito da tarde. Baixo o lema “Xa non che sirve, xa non te gusta, entón donaa!!” , agardan recoller unha boa cantidade de ropua e calzado para os campamentos de refuxiados.
 

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *