Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Multitudinario adeus en Chapela a Don Ermelindo

RR_Noticias

Chapela despediu onte ao que durante máis de dúas décadas foi o seu párroco. Centos de persoas se achegaron á igrexa de San Fausto e ó cemiterio parroquial, que quedaron pequenos para acoller a multitudinaria despedida. O bispo de Tui-Vigo, Luís Quinteiro, presidiu os actos fúnebres.

Cura exemplar, persoa humilde, bo amigo, home atento, próximo e familiar. Así é como definen a Ermelindo Entrerríos, o párroco de Chapela, os seus veciños, que onte acudiron en masa a despedilo. Tamén asistiu ós actos fúnebres unha nutrida representación do clero diocesano. A tristura dos centos de persoas que onte acudiron a despedilo é a mostra da fonda pegada que o párroco deixa en Chapela, onde traballou case tres décadas, ata que a enfermidade que sufría o levou a recluírse na casa reitoral nos últimos meses. A elevada asistencia ós actos fúnebres obrigou a efectivos da Policía Local a regular o tráfico nos accesos á igrexa e o cemiterio para evitar atascos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará