Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un veciño de Cesantes falece ao chocar a súa furgoneta contra un camión na N-550

RR_Noticias

A vítima, que non levaba posto o cinto de seguridade, perdeu a vida na tarde de onte, cando trataba de facer un cambio de sentido no núcleo urbano da parroquia. Ao parecer non se decatou da presencia do trailer, que o embestiu polo lateral esquerdo.

O sinistro produciuse ás 17.40 horas de onte martes. O falecido é un home de 64 anos con iniciais J.M.A., veciño da zona da Pantalla, a escasa distancia do lugar do accidente, que se produciu no quilómetro 138 da N-550. A consecuencia do impacto, o furgón envorcou na estrada e o condutor quedou atrapado. Uns veciños que se atopaban na zona trataron de socorrer ao home e levantaron a a furgoneta, pero o condutor xa falecera. O servizo de urxencias sanitarias enviou ao momento a senllas ambulancias, unha asistencial e outra medicalizada, e a un equipo médico, que tan só puido certificar a morte do condutor da furgoneta. O 112 mobilizou tamén ao Grumir de Redondela, o servizo de emerxencias mancomunado de Mos, Garda Civil, Policía Local e a medios de mantemento e limpeza de estradas. O camión, que circulaba cun cargamento de penso, quedou inmobilizado no lugar do sinistro durante case dúas horas ocupando o carril en dirección Pontevedra, polo que se produciron longas retencións na estrada entre Arcade e Redondela, mentres axentes da Garda Civil regulaban a circulación dando paso alternativo aos vehículos. Finalmente o camión, que tiña escasos danos na parte frontal, abandonou o lugar mentres que un guindastre retirou a furgoneta sinistrada, unha Seat Terra.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará