Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Vías e Obras xustifica o vertido de terras no monte de Reboreda porque se fixo así “toda a vida”

RR_Noticias

O concelleiro Cándido Vilaboa, que compareceu onte no pleno para explicar o vertido de terra e broza en terreos do monte comunal, sinalou que é unha práctica habitual en todo o municipio, e que o conflito se debe ao “capricho” da presidenta da Comunidade Montes.

O Multiusos da Xuqueira acolleu onte o pleno do Concello correspondente ó mes de outubro. Na sesión, que se prolongou durante case catro horas, contemplaba a comparecencia do edil de Vías e Obras, a petición de AER. Jorge Varela recriminou a Cándido Vilaboa por ter actuado “sen consultar ós técnicos” cando ordenou tirar uns vinte camións de broza e terra no Monte Comunal de Reboreda. Os feitos podería sen motivo dunha sanción por parte do Seprona de ata 80.000 euros. Vilaboa argumentou que o vertido non supón “ningún problema” para o monte comunal, que os restos mesmo fan de “abono”. Xustificou a actuación asegurando que contaba coa autorización “verbal” da presidenta dos comuneiros, Rosa Fernández, que despois cambiou de opinión porque “alguén lle quentou a cabeza”. En todo caso o edil insistiu en que se trata dunha práctica habitual e que se fixo “toda a vida” nas parroquias de Redondela. No pleno celebrado onte tamén se aprobou por unanimidade a cesión do centro de saúde de Chapela ó Sergas. Deste xeito o Concello redondelán poderá aforrar uns 30.000 euros anuais, que corresponden ós gastos de mantemento, limpeza, calefacción e electricidade do centro. Tamén se aprobou a ordenanza para regular os prezos públicos por cursos e ensinanzas en establecementos municipais, cos votos a favor de PP, PSOE e AER, e o voto en contra do BNG. Si se aprobou por unanimidade outra taxa para as empresas que instalen na vía pública tubaxes, tendidos, aparellos para a venda automática ou caixeiros, a razón de 289 euros o metro cadrado.  

Jorge Varela AER
Recrimina a Vilaboa por actuar sen consultar cos técnicos e sen autorización.
Cándido Vilaboa PP
O edil afirma que se trata dunha práctica habitual en todo o municipio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará