Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O pleno de Redondela debate a cesión do Centro de Saúde de Chapela ó Sergas

RR_Noticias

A corporación de Redondela celebra esta tarde a sesión plenaria correspondente ó mes de outubro. Entre os asuntos a tratar está a cesión do centro de saúde de Chapela ó Sergas. Deste xeito o concello redondelán poderá aforrar uns 30.000 euros anuais, que corresponde ós gastos de mantemento, limpeza, calefacción e electricidade do centro.

No pleno, que comezará hoxe ás 20.00 horas no Multiusos da Xunqueira, tamén se abordará a modificación da representación veciñal no Consello Parroquial de Chapela. A corporación votará tamén a adxudicación dos postos nos mercados municipais de Redondela e Chapela e a aprobación de dúas ordenanzas. Unha delas para regular os prezos públicos por cursos e outras actividades en establecementos municipais, e outra para regular as taxas cando se instalen tubaxes, tendidos ou aparellos para a venda automática na vía pública ou terreos municipais. Entre os asuntos máis polémicos da sesión será a comparecencia do concelleiro de Vías e Obras, Cándido Vilaboa, que explicará a actuación municipal polo vertido de terras no monte comunal de Reboreda.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará