Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os alumnos da Escola de Música de Chapela estrearán as novas instalacións en novembro

RR_Noticias

Segundo os cálculos dos técnicos as obras nos baixos do pavillón municipal estarán rematadas no prazo de quince días. A nova escola, con 350 metros cadrados, disporá de varias salas para as clases, fonoteca e oficinas.

O arquitecto da obra Rodrigo Portanet, explicou onte que os traballos só están pendentes dos últimos remates nalgunhas salas e os aseos. A reforma do soto do pavillón para acoller a Escola de Música está incluída na reforma integral do edificio, cun investimento de 485.737 euros. Deste importe a Deputación de Pontevedra financia 346.384 euros e os outros 139.352 corren a conta do Concello. O investimento serviu para dar cabida á Escola de Música, na que están matriculados preto de 130 alumnos. O novo centro conta con case 350 metros cadrados totalmente insonorizados, e divídese en tres salas individuais de 15 m2, unha aula de 25 m2, unha sala polivalente de 100 m2, unha fonoteca-biblioteca, sala de profesores, oficinas e aseos. O presidente da Deputación, Rafael Louzán, visitou onte as obras acompañado polo alcalde, Javier Bas, e o resto de concelleiros do goberno local. Todos coincidiron en salientar “a importancia desta actuación polo impulso que lle da a Chapela no ámbito deportivo e cultural”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará