Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O colectivo Sen Ghasoil anima ós veciños a participar coas súas obras no Artelixo 2012

RR_Noticias

Os interesados en participar nesta iniciativa artística e ecolóxica tan só teñen que enviar un bosquexo da obra ao enderezo artelixo2012@yahoo.es, antes do 15 de agosto, e indicar o material co que a van realizar. A exposición será do 27 de agosto ao 7 de setembro pola alameda de Redondela, as rúas e prazas.

A recentemente estreada asociación Sen Ghasoil, pon en marcha o Artelixo 2012, unha mostra artística que pretenden recuperar para Redondela, 12 anos despois de que o colectivo Josefá deixase de organizala. Entenden que o problema do lixo continúa sen solución, polo que fan un chamamento á sociedade e convídana a poñer en marcha prácticas máis ecolóxicas e sostibles. Entre o 27 de agosto e o 7 de setembro organizarán na vila diferentes actividades artísticas, entre a que destaca a mostra Artelixo, na que poden participar todos aqueles que estean interesados con obras feitas con material de refugallo que se exporán polas alamedas, prazas e rúas de Redondela. Para participar só deben enviar un correo electrónico ao enderezo artelixo2012@yahoo.es, antes do día 15 de agosto, e que debe incluír un bosquexo da obra, a lapis ou bolígrafo, o nome do autor, o título da obra e o material co que estará feita ( madeira, vidro, ferro, etc. ) Os participantes deben incluír tamén o lugar onde consideran que que debería esta exposto o seu traballo, xa que a organización intentará cumprilo, na medida do posible. As actividades incluirán tamén o Videolixo, coa creación de pequenas curtas ou vídeos caseiros cuxa temática que xirará en torno ao lixo, o Mercalixo, onde dar saída a diferentes obxectos antes de botalos ó lixo, e o Obralixo, onde os máis pequenos poderán crear obras de arte a partir de materiais de refugallo. O Lixorock pechará a programación, un concerto coa participación de todos os grupos ou solistas que o desexen, e que ata o de agora era a única actividade que se mantiña viva nos últimos anos.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará