Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello pon en marcha unha campaña de vixilancia nas fincas para evitar incendios

RR_Noticias

Co obxectivo de evitar incendios forestais, a Concellería de Medio Ambiente está a identificar as propiedades que poidan supoñer un risco para os incendios forestais, e notificando ós seus donos a obriga de mantelas limpas pare evitar lumes. Os que non cumpran coa normativa poden ser sancionados con multas de entre 300 e 6.000 euros.

Desde o pasado mes de xullo un Bando Municipal lembra aos propietarios de fincas a obriga de manter as súas leiras “nas debidas condicións”. Nesta época estival, cando o risco de incendios é maior, a Concellería de Medio Ambiente insiste en que todas as fincas deben estar limpas, “libres de masa vexetal que poida incendiarse” e tamén talar aquelas árbores que son consideras de risco, como eucaliptos e piñeiros, que estean situadas na proximidade das vivendas. O concelleiro, Miguel Ángel Álvarez, explica que existe unha “gran preocupación” no seu departamento, xa que a situación meteorolóxica dos últimos meses “fai máis probable” a chegada dos incendios forestais. Esta situación, unida ó feito de que sexan moitas as propiedades que están en situación de abandono, e cheas de masa vexetal, “multiplica os riscos”. Ante esta situación axentes da Policía Local están a notificar ós propietarios das fincas a obriga de mantelas limpas. Desde o Concello aseguran que se actuará “nos casos nos que sexa necesario” para garantir o cumprimento destas medidas e protexer a seguridade de todos. As multas previstas na normativa oscilan entre os 300 e os 6.000 euros, e poderán ser reiteradas ata que se cumpra coa normativa. Álvarez Ballesteros sinalou que xa foron postas varias sancións no municipio, cunha contía media de 1.500 euros.  

Miguel Ángel Álvarez concelleiro de Medio Ambiente
O Concello pide a colaboración dos propietarios para evitar riscos de incendios.
Notificacións da Policía Local
Os axentes advirten ós propietarios da obriga de limpar as leiras.
Multas de ata 6.000 euros
O Concello xa puxo sancións de 1.500 euros por non cumprir coa normativa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará