Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os veciños demandan maior seguridade viaria no acceso ó CEIP Outeiro das Penas

RR_Noticias

O Consello Parroquial do Viso, que se reúne o xoves, solicitará ao Concello que adquira os terreos anexos ó centro escolar para que os vehículos poidan deixar ós alumnos sen que exista perigo para os rapaces. As asociacións veciñais tamén porán enriba da mesa outras necesidades en varias zonas da parroquia, como alumeado público, saneamento, o mantemento dos parques infantís e a mellora do mobiliario urbano no monte da Peneda.

A seguridade viaria nos accesos ó CEIP Outeiro das Penas “é unha das demandas máis importantes” para os colectivos veciñais, segundo explica Xosé Covelo, e que xa foi trasladada ao Concello en anteriores reunións. No Consello Parroquial desta semana solicitarán información sobre as xestións realizadas polo goberno local para adquirir ou expropiar os terreos anexos ó centro escolar. O obxectivo é utilizalos para que tanto o transporte escolar como os vehículos particulares “poidan acceder ao recinto e deixar aos alumnos sen risco de atropelos”. Tamén demandarán do Concello a instalación de alumeado público en zonas de Soutoxuste e Tuimil, saneamento nalgunhas zonas que carecen del, valados de protección para evitar caídas na zona dos túneles do tren en Soutoxuste, e o mantemento de instalacións como os parques infantís. Recoñecen os veciños que algúns, como o de Loureiro, foron arranxados, pero lembran que as demais instalacións precisan tamén “de obras urxentes de mantemento”, xa que presentan xogos rotos ou moi deteriorados. En zonas de especial valor como A Peneda, solicitan unha mellora na súa contorna, a reposición de farois rotos ou oxidados, empedrado de camiños, reforestación con especies autóctonas e a reparación do palco da música. As asociacións da parroquia agardan poder darlle solución “a estas e outras necesidades” da zona, para o que amosan a súa “total colaboración” co Concello. Con todo, esixen tamén que as demandas realizadas a través do Consello Parroquial “sexan tidas en conta” polo goberno local para seguir traballando neste órgano permanente consultivo.  

Xosé Covelo do Consello Parroquial
Os veciños piden máis seguridade no acceso dos vehículos ó CEIP Outeiro das Penas
Obras de mellora no Viso
Alumeado beirarrúas e saneamento son algunhas das peticións.
Participación veciñal
Covelo valora en positivo o traballo do Consello Parroquial e pide ao Concello que atenda as súas demandas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará