Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Sinsal pon a venda novas entradas para acceder á illa de San Simón nos dous días de festival

RR_Noticias

A organización do festival Sinsal decidiu incrementar o número de entradas para asistir ás dúas xornadas de concertos que se van celebrar os días 24 e 25 na Illa de San Simón. Incrementan ademais con dous novos barcos en novos horarios as opcións para asistir a esta peculiar cita que contará coa presenza de once grupos dos cales non se coñece o nome.

A decisión de poñer a venda novas entradas para acceder á illa nos dous días do Festival reponde, segundo explican dende a organización do Sinsal, á demanda existente xa que malia non coñecerse qué artistas se subirán ao escenario, a incógnita non parece desanimar aos afeccionados á música en directo. Ademais grazas á colaboración de Cruceros Ángel e da Fundación Illa de San Simón, os organizadores puideron incrementar o número de barcos que desprazarán ao público ata a Illa.
O pouco que se coñece é que o Sinsal de San Simón nas dúas xornadas consecutivas contará coa presenza de once grupos, nove deles estranxeiros, en catro palcos. En canto aos desprazamentos, está previsto que se habiliten aparcadoiros en Cesantes para todos os que acudan a este porto para coller algún dos barcos que trasladará ao público a San Simón e haberá tamén autobuses gratuítos desde Vigo.
O prazo das entradas é de 30 euros en venta anticipada, 35 euros entrada normal e 15 euros é o que terán que pagar os nenos de 7 a 14 anos, mentres que os menores desa idade poderán acceder de xeito gratuíto. Uns tikets que se poden retirar no enderezo electrónico http://www.ticketea.com/festival-sinsal-audio
As entradas dan dereito á viaxe en barco e ao acceso aos concertos que se desenvolverán en diferentes espazos da illa (no peirao de pasaxeiros, paseo dos buxos e Illa de San Antón) en horario de 12:00 a 21:00 horas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará