Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A corporación debaterá o xoves en pleno unha rebaixa dun 7% nas retribucións dos concelleiros

RR_Noticias

A corporación municipal reúnese este xoves ás 20:30 horas na sesión ordinaria correspondente ao mes de xullo. Unha sesión na que se abordarán entre outros asuntos unha proposta do goberno local encamiñada a rebaixar as retribucións dos representantes políticos, cuxas achegas económicas se verían reducidas nun 7%.

A reducción, no caso de aprobarse, afectaría ao alcalde Javier Bas que cobra un salario de 55.800 euros brutos anuais así como aos concelleiros do grupo de goberno que cobran dedicacións parciais que ascende a 14.500 euros. Tamén se vería afectada a coordinadora da Alcaldía, que percibe un salario de 26.000 euros. Este sete por cento de rebaixa aplicaríase tamén aos voceiros dos grupos da oposición e ás asignacións que perciben os membros da corporación por asistencia a plenos e comisións.
Con esta medida, o goberno local quere solidarizarse coa reducción que terán que asumir os empregados públicos que este ano quedan sen paga extra de Nadal, o que supón unha reducción do seu salario anual dun 7%.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará