Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela non pode con Amegrove

RR_Noticias

Os grovenses recortan distancias co equipo redondelá, que malia quedar segundo nas dúas citas celebradas na fin de semana continúa líder da clasificación xeral con 49 puntos. Iso si, os remeiros de Amegrove avanzan perigosamente e sitúanse a tan só tres puntos do Chapela.

Os actuais campións da Liga galega amosaron novamente o seu pdoerío na dobre xornada da fin de semana, logrando a vitoria tanto en Vilaxoán o sábado como onte domingo en Ferrol. Logo destas vitorias sitúanse a tan só tres puntos do actual líder da Liga A, o Chapela que onte foi segunda por diante de Samertolameu.
Na próxima fin de semana haberá outra dobre xornada con citas en Mugardos o sábado a partir das 18:00 horas coa II Bandeira Reganosa e o domingo ás 12:00 celébrase a XXX Bandeira concello de Moaña.
Na Liga B, a embarcación de Cesantes non logra escalar postos na clasificación xeral e se sitúan no noveno posto nunha categoría dominada polos equipo de Robaleira e Mecos-Mondariz.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará