Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Festa da Chanfaina rebaixa os prezos para se adaptar a realidade económica

RR_Noticias

O actor Alfonso Agra será o encargado de ler o pregón dunha cita gastronómica de exaltación da chanfaina e a carne do Suído que celebra este domingo en Fornelos de Montes a súa décima edición. Os organizadores esperan servir ao redor de 1.500 racións.

O concello de Fornelos acolle este domingo a X edición da Festa da Chanfaina e carne do Suído. Como en anos anteriores o obxectivo é dar a coñecer aos visitantes os produtos gastronómicos da zona, coa venda dunha carne alimentada de xeito ecolóxicos nos montes do municipio.
As casetas de degustación abriranse sobre as once da mañá e os comensais poderán durante todo a xornada degustar a carne preparada á brasa por cociñeiros profesionais acompañada de patacas. Unhas racións que rebaixan os seus prezos para evitar que a situación económica desanime aos visitantes a se cehgar a esta cita gastronómica. Así, o prazo de chanfaina custará 4 euros e o de carne de suido 6 euros.
O actor Alfonso Agra, un dos intérpretes da televisiva serie Terra de Miranda será o encargado este ano de ler o pregón ás doce do mediodía e a continuación actuará o humorista Somoza.
Pola tarde continuarán as actuación musicais con pandereteira, a bnada de gaitas do concello e por último a Coral da Escola MUnicpal de Música. Pola noite a verbena estará amenizada polo Trío Azabache.
As estimacións dos organizadores falan de máis de 1.500 persoas que se achegarán ao recinto da festa para degustar estes pratos. Lembran ademais que para evitar calquera incidencia meteorolóxicas os comensais contarán cunha carpa baixo a cal guarecerse.
 

CayetanoTamaño comisión da festa
Deciden baixar os prezos para animar a xente a achegarse a cita gastronómica
1.500 racións
Prevese unha asistencia importante grazas tamén ao bo tempo que se anuncia
Programa festivo
Ademais de gastronomía a xornada deixanos outras actividades

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará