Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un espectáculo de tango inicia a programación de verán da Concellería de Cultura

RR_Noticias

A compañía de Lorena Lores será a encargada de iniciar este programa no que se inclúen citas xa tradicionais do período estival como o Festival Internacional de Artistas de Rúa que terá lugar os días 3 e 4 de agosto ou o Entroido de verán o sábado 18. As actuacións máis inmediatas serán mañá sábado co espectáculo de tango ás 22:30 na Casa da Torre e unha nova edición dos Encontros culturais na praia de Arealonga ás 22:00 horas.

Os afeccionados ao tango poderán gozar do espectáculo “Tango” que a compañía de Lorena Lores porá en escena o sábado ás 22:30 na Casa da Torre. Tamén mañá pero en Chapela a Praia de Arealonga acolle unha nova edición dos Encontros Culturais, evento musical que organiza o Colectivo Berete coa colaboración do Concello de Redondela. Actuarán ás 22 horas o Grupo de Gaitas “Tarabelo” do Círculo Cultural Recreativo de Chapela, o Mestre da Harmónica Ducho Vidal e o Grupo Tradicional Galego “Pelepau”.
Estas son as primeiras citas dun programa que se prolongará ata finais de agosto e que segundo explicou o concelleiro de cultura Alberto Pazos, “quere ofrecer unha programación que atenda aos intereses dun público variopinto malia a difícil situación que atravesamos”
Os afeccionados a música tradicional poderán achegarse o martes 24 ao centro da vila onde se desenvolverá o “día da muiñeira” coa participación dos grupos de baile de todas as parroquias ou ao encontro de folclore galego portugues o día 27 xullo que se celebrará na Casa da Torre.
Xa no mes de agosto a programación arrancará cunha nova edición do Festival de Artistas na rúa os días 3 e 4 o espectáculo de Cristian “Noches de Music Hall” o venres 10 e o “Redondela en curto de verán” o 17 agosto.
A música terá tamén presenza neste programa co hip hop de “Verso Libre” e a Pop Changa de “Eigualdeixa”.
O edil responsable de cultura asegura que “unha das citas inelubles é o Entroido de Verán, que achega miles de visitantes a Redondela, e que este ano celebrarase o 18 de agosto”.
A programación rematará o venres 24 de agosto oca actuación do grupo de música tradicional pardal na rúa as 22:30 horas na Casa da Torre.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará