Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A eurovisiva Lucía Pérez nas Festas do Carme de Cesantes

RR_Noticias

A tradicional procesión marítima terá lugar o sábado 21 con saída ás 16:30 horas acompañada polo grupo folclórico Airiños de San Simón e a banda de veteranos Acotada de Ferrol. Haberá verbena nocturna o venres, sábado e domingo coa presencia destacada da orquestra Los Satélites e a cantante Lucía Pérez, quen representara a España no festival de Eurovisión 2011.

As Festas do Carme de Cesantes arrancarán este venres día 20 con verbena noctura a cargo das orquestra Los Satélites e Passarela. Xa o sábado ás 16:00 horas terán lugar os tradicionais actos relixiosos na igrexa da parroquia e a continuación os barcos participarán na procesión marítima que estará acompañada polo grupo folclórico Airiños de San Simón do Centro Cultural Deportivo de Cesantes e a banda de Veteranos Acotada de Ferrol. Xa pola noite, a verbena nocturna comezará ás 22:30 horas amenizada polas orquestras Capitol e Trebol.
O sábado as actividades arrancarán coa misa das doce que se celebrará acompañada da música do Grupo Folclórico Airiños de San Simón e as 18:30 está prevista a saída da procesión terrestre que contará coa música da banda de cometas e tambores Nosa Señora da Amargura de Ferrol.
A música encargarase de poñer o punto e final ás festas deste ano coa actuación da orquestra Saudade 73 e a música da eurovisiva Lucía Pérez.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará